Yo

Yo

jueves, 4 de noviembre de 2010

Bateas

Ás bateas consisten nunha armazón rectangular de madeira de 100 a 500 metros cadrados soportada por flotadores de aceiro recubertos con fibra de vidro, poliéster ou recheos con poliéster expandido. A balsa suxéitase ao fondo mediante unha ou dúas cadeas de aceiro e un peso de vinte toneladas. Da armazón de madeira cólganse cordas de nailon de tres centímetros de grosor e de dez a doce metros de longo,á que previamente se lles enrolou unha tea chea de crías de mexillón e se deixan colgando ata que engordan os suficiente como para recollelos, pasalos pola depuradora e directos ao pucheiro

As bateas ordénanse en grupos chamados polígonos, cuxa disposición e número están controlados polas autoridades autonómicas. Recentemente limitouse a 500 o número de cordas por balsa para evitar a saturación das zonas de cultivo e favorecer un mellor crecemento.





No hay comentarios: