
Yo

martes, 2 de noviembre de 2010
SAMAIN
Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos los Santos. Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos estase a volver recuperar grazas ao traballo realizado nas escolas e en varios concellos de Galicia.
A noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.Os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo repercusións na nosa cultura, xa que nas encrucilladas dos camiños facíanse amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario